 Un total de 18 bodegas cun total de 43 referencias distintas (23 marcas de tinto e 20 de branco) participaron na XIX Cata Oficial de Valdeorras, iniciativa enmarcada na celebración da XXI Feira do Viño da comarca.

Os viños e as bodegas distinguidas polo xurado foron: 
Viños brancos 1º Premio- “Viñaredo” de Adega Santa Marta; 2º Premio- “D´Berna”, de Adega Guitián e Blanco; 3º Premio- “Pagos de Galir”, de Adega Virxe de Galir.
Viños tintos 1º Premio- “Sampayolo Garnacha”, de Adega Sampayolo; 2º Premio- “A Coronela”, de Adega O Cepado; 3º Premio- “Joaquín Rebolledo”, de Adega Joaquín Rebolledo.
As mencións especiais “viños doutras añadas” foron para “Lagar de Cigur Barrica 2013”, de Adega Melillas e Fillos e “Fardelas 2015” de Adega Santa Marta.
Durante os días da Feiraz se serviron por riba de 8.000 copas de viño, unha cantidade que supera en 1.000 unidades as degustacións rexistradas o ano pasado. Doutra banda, a recadación foi un 25% superior á de 2017.
O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, quere por en valor o papel das 20 adegas que tomaron parte activa na feira, grazas as cales –considera- “se ten acadado este éxito de participación, que é aínda máis significativo se temos en conta o mal tempo que fixo onte domingo”.