Rubén González Vallejo, gañador do certame De Tapas por Galicia

O pontevedrés Rubén González Vallejo, de El Cafetín, foi o gañador da cuarta edición do certame De Tapas por Galicia, tras competir cos representates das outras cidades galegas na gala show cooking organizada por Turismo de Galicia e celebrada en Santiago.

A Vieira afumada carballolaurel sobre arroz de algas, foi, a xuizo do xurado, o mellor petisco das sete propostas elaboradas polos chefs finalistas, gañadores dos concursos locais de tapas das sete cidades galegas.

González Vallejo acadou tamén o Premio do Xurado Popular, ao ser o máis votado polo público asistente, integrado por expertos do sector, asociacións, xornalistas e blogueiros. Os votos do público situaron en segundo lugar a tapa de Alejandro Martínez Lázare, de Lugo (Arrozaría Os Cachivaches) e, en terceiro posto, a de Rafael Pérez Iglesias, de Vigo (La Carpintería). 

Competiron nesta edición do certame De Tapas por Galicia Alejandro Martínez Bacelo (Café Vanessa, Ferrol); Sergio Musso e Francisco Chicón (Ecléctic, A Coruña); Álvaro Pérez Blanco (ArteSana Gastrobar, Santiago de Compostela); Rubén González Vallejo (El Cafetín, Pontevedra); Rafael Pérez Iglesias (La Carpintería, Vigo); Bianca Coura, Gerson Iglesias e Pablo Domínguez Veloso (A Adega das Caldas, Ourense); e Alejandro Méndez Lázare (Os Cachivaches, Lugo).