Riveira festexa o Percebe de Aguiño este domingo

No verán, o municipio de Riveira, situado no extremo da península coruñesa do Barbanza, convértese nunha das localidades capaces de suscitar o interese de milleiros de visitantes chegados de todo o mundo, grazas aos innumerables atractivos que esconde este territorio de case 70 km² de extensión.

E a súa bullente vida social, que cristaliza nun rosario de festas, como a archifamosa Festa da Dorna, declarada de interese turístico galego, celebrada o 24 de xullo; e a Festa do Percebe de Aguiño, organizada pola confraría de mariscadores, o 29 de xullo. Abrirá a lonxa, nas inmediacións do porto de Aguiño, a partir das 12:00h para a degustación do perecebe no prato deseñado en cerámica para a festa, que pode complemetarse con empanada caseira, albariño, ribeiro e refrescos. Na carpa, tamén pulpo e churrasco, a ritmo de gaitas

Do seu repertorio de calas e praias, entre as que sobresaen por méritos propios as de Coroso, bañada polas augas calmas da Ría de Arousa, e a do Vilar, asediada pola bravura do Atlántico.

Pero Riveira tamén atesoura outros encantos que fan deste lugar un paraíso na terra. Pode presumir de posuír un parque natural autonómico entre os seus límites territoriais (o complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán) e, ao mesmo tempo, formar parte dun parque nacional: o das Illas Atlánticas, cuxo arquipélago máis septentrional -o da illa de Sálvora- é un diamante que foi declarado este mesmo ano Ben de Interés Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia.

Merecen ser visitados o multipremiado mirador de Pedra da Rá, o xacemento arqueolóxico de Castro Cidá, o monumento megalítico do Dolmen de Axeitos ou o faro de Corrubedo.

Razóns máis que sobradas para facer da visita a Riveira unha aposta gañadora.