Buscar/Hemeroteca

miércoles, 11 de julio de 2018

Propostas de mellora do trazado actual do Camiño na primeira Asociación de Concellos do Camiño Inglés

A idea da constitución da Asociación de Concellos do Camiño Inglés xurdiu en base á celebración das dúas edicións da feira "Primavera no Camiño Inglés", organizadas pola Deputación da Coruña, que conseguiron reunir por primeira vez en Betanzos aos dezaoito concellos polos que discorre este itinerario xacobeo, que conecta os portos da Coruña e Ferrol con Santiago de Compostela.

A Deputación da Coruña acolleu unha reunión con alcaldes e concelleiros dos municipios de Neda, Mesía, Paderne, Fene, Carral, Ordes, Miño, Oroso, Abegondo, Betanzos, Narón, Cabanas, Santiago de Compostela e Pontedeume durante na que, entre outras cuestións, se aprobaron os estatutos da Asociación de Concellos do Camiño Inglés .

O evento serviu para impulsar a idea dunha unión de todos os concellos para xuntar esforzos de cara a lograr os mellores recursos nun referente turístico e patrimonial que cada vez goza de maior afluencia de visitantes como é o Camiño Inglés.

Neste sentido, unha das prioridades da entidade será a de incorporar nos vindeiros meses aos concellos de Ferrol, Coruña, Culleredo e Cambre, por ser parte fundamental do trazado, así como facer chegar a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia diversas propostas de mellora acerca do trazado actual do Camiño e as súas infraestruturas.

f_ dacoruna.gal

No hay comentarios: