Pontevedra xa albisca as Festas da Peregrina

As actividades festivas e de lecer de verán en Pontevedra abraguen prácticamente dende xuño ata setembro. Podemos decir que arrancaron con forza o 11 de xullo, con motivo da romaría de San Benitiño de Lérez , comtinuaron coas festas do Santiaguiño do Burgo para, dúas semanas despois, dar paso a semana grande dos festexos, as Festas da Peregrina, que este ano comezan o 11 de agosto e alóngase durante toda a semana como é habitual. O colofón festiero chegará co primeiro fin de semana de setembro, coa multitudinaria Feira Franca, festa de recreación histórica,

A denominada semana grande de Pontevedra comeza o sábado 11 de agosto co pregón e o chupinazo dende o balcón da casa cosnsitorial a mediodía e posterior traslado da carroza procesional para a ofrenda floral desde a praza de España pola rúa Michelena ata o santuario da Virxe Peregrina. 

Ademais das actividades propias das festas como pasarrúas, charangas, verbenas, pirotecnia e outras actividades propias polas diferentes rúas, destacan os concertos gratuitos na Praza de España. 

Abre turno o día 11 Rosendo; Carlos Sadness y The Gift o día 12 e Son de Seu o martes 13. O 14 de agosto temos actuación de Los 40 World Dance Music na Praza de España e de Andrés Suárez en A Ferrería. Xa o 15 de agosto, día de Santa María, chega un dos pratos fortes das festas, o concertó de Bunbury na Praza de España, primeira vez que o cantante se sube a un escenario na cidade do Lérez. 

O16 de agosto será o gañador do concurso La Voz, Antonio José, o que se suba ao escenario, mentras que ao día seguinte destaca a Batalla das Frores para o público infantil e o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona; o mesmo día na praza da Ferrería (22:30 horas) actuará Radio Cos. 

O 18 de agosto chegará o turno do turno grupo de rock Sidecars e o domingo 19, última xornada das Festas da Peregrina con sesión doble a cargo de Mocedades, que actuará na praza de España coa Banda de Música de Salcedo, que celebra o trixésimo aniversario; e Cadaxe que tocará pa Praza da Ferrería. 

Por outra banda, os diestros Morante de la Puebla, Alejandro Talavante, Andrés Roca Rey, El Juli, Cayetano Rivera e Diego Ventura serán os protagonistas do cartel taurino da Mini Feira da Peregrina, os días 5, 11 y 12 de agosto, que levará o arte de cúchares ao coso taurino de San Roque, o único estable de Galicia.