Buscar/Hemeroteca

jueves, 5 de julio de 2018

Pasos con historia e De tapas, as propostas de Lugo para o Camiño Primitivo

Camiño Primitivo, Pasos con historia son as novas andainas gratuitas que organiza o Concello de Lugo ao longo do verán. Trátase de 8 percorridos ao longo do Camiño Primitivo, catro deles no mes de xullo, os días 7, 12, 19 e 28; e outros catro en agosto, os días 4, 9, 16 e 25. 

Tal e como explicou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a saída será ás 10:00 horas, dende a marquesiña da rúa Alcalde Anxo López Pérez os sábados, -onde un autobús trasladará ás persoas participantes a Soutomeirille ou á Ponte Romana-, e ás 18:30 horas os xoves, dende a Chanca, onde as persoas particpantes irán acompañadas por un xograr que contará historias asociadas a esta vía de peregrinación e música antiga. O punto de chegada será a Praza do Campo ou San Román da Retorta, dependendo da ruta elixida.

Outra das propostas, esta con tilde gastronómico, é De Tapas polo Camiño Primitivo ao seu paso pola cidade, unhas excursións cuxa inscrición é de balde, coa posibilidade de tapear durante a andaina nos distintos establecementos. Terán lugar os días 6 e 13 de xullo, 10 e 17 de agosto e 7 e 14 de setembro -todos venres-, con saída dende a Chanca, Campo Castelo ata Tinería -os días 6, 10 e 7-, e as outras con saída dende a Tinería ata a Ponte Romana.

Para participar en calquera das dúas alternativas culturais é preciso inscribirse na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo, ou ben a través do teléfono 982-251-658.

f_ lugo.gal

No hay comentarios: