O turismo internacional xa supón o 32,6% en Lugo. A Oficina Municipal de Turismo e a rede museística do Concello recibiron de xaneiro a xuño a máis de 3.800 visistantes foráneos, o que supón un 11% máis que no primeiro semestre do pasado ano.
"Estamos ante cifras tremendamente positivas, que constitúen unha fortaleza para o turismo en Lugo e a proxección exterior do municipio", asegurou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen lembrou que os logros turísticos que se veñen acadando mes tras mes e ano tras ano, son froito indiscutible dun traballo conxunto entre a institución e profesionais do sector, así como da aposta decidida por competir con outros destinos a través dunha diversa e oferta non só patrimonial, senón tamén lúdico cultural.
Na Oficina Municipal de Turismo os principais mercados emisores de visitantes son Estados Unidos e Francia, con máis de 690 persoas, incrementándose os turistas estadounidenses, con respecto ao mesmo período do ano anterior, máis dun 35%. Tamén hai bos cifras para os visitantes alemáns, arxentinos, italianos e portugueses polas instalacións municipais do Praza do Campo, a onde tamén se achegaron xaponeses.
No mes de xuño máis de 6.200 as persoas visitaron as instalacións museográficas e á oficina municipal de turismo. Destaca a visia dos procedentes de Francia, seguidos dos de Gran Bretaña. A nivel nacional lidera Madrid, seguida de Castela e León e Cataluña. P
Dentro dos centros museísticos, o que máis interese espertou foi a Casa dos Mosaicos, con preto de 2.000 visitas, seguida da Sala de Exposicións Porta Miñá, o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), e o centro de San Roque.
f_ lugo.gal