O mellor Blues do panorama nacional e internacional en Lugo

Os días 20 e 21 de xullo Lugo acolle a segunda edición do Festival Internacional de Blues, totalmente gratuíto, que organiza o Goberno da Deputación, coa colaboración do Concello de Lugo, na praza da Soidade da capital lucense. 

Esta nova programación musical conta cos artistas máis punteiros do blues así como as novas promesas deste repertorio, chegados de distintos puntos do mundo, como Estados Unidos, Italia, Inglaterra ou España (ver cartel).

Blues Museum compleméntase cunha masterclass gratuíta, o sábado 21 de xullo, ás 12:00 horas, impartida polo mellor guitarrista europeo do ano Laurence Jones, nos xardíns do Museo Provincial de Lugo. Hai 50 prazas. Os interesados poden inscribirse en cultura@deputacionlugo.org.

A Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez, sinalou que este Festival converte a Lugo nun punto de encontro no que, ademais de desfrutar do blues, todos os visitantes poderán coñecer as nosas riquezas turísticas, a nosa gastronomía, a cultura e, por suposto, o noso rico e extenso patrimonio.

f_ deputacionlugo.org