“NOSO TEIS. Festa de Galicia no Mercado”, unha romería urbana con produto de proximidade

O mercado de Teis celebra hoxe, martes, día 24 de xullo, o Día de Galicia cunha festa que protagonizan os produtos galegos dos postos do mercado. Baixo o lema “NOSO TEIS. Festa de Galicia no mercado”, o obxectivo do evento é reforzar o vínculo entre o mercado e o barrio, así como achegar e dar a coñecer o mercado a novos públicos, sobre todo á mocidade.

Unha xornada festiva como pretexto a efeméride do Día de Galicia egsuindo o modelo de celebración ao estilo dunha romaría, nun ámbito urbano, e obreiro, na vangarda e con inquedanzas: a gastronomía, a música e expresións artísticas, como a intervención do artista urbano Pow One, que pintará unha das paredes laterais do mercado.

Desde as 10.00 h. estarán abertos diferentes postos e food trucks que servirán comida cocinada con produtos do mercado. O público disporá dunha zona-comedor de mesas e bancos corridos. Na praza instalarase un escenario onde se desenvolverán dous showcookings, un a cargo do chef Daniel Rodríguez, do restaurante El Juliana, e o outro a cargo do chef Juan Manuel de la Cruz, do restaurante Casa Obdulia. 

Terá lugar ademais un Café Show, a cargo do barista Sebastián Eduardo González con degustación de café gratuíta. Tras a comida, a actividade continuará pola tarde na praza do mercado con actuacións de grupos folclóricos. Os postos de comida permañecerán abertos para ofrecer repostería, froita e outros produtos do mercado.

A festa rematará cunha chocolatada gratuíta e a actuación de artistas do barrio, encabezados polo grupo Frying Luras.