MdR HGg&T 214: Avanza a agricultura ecolóxica en Galicia

Signum temporis. Sinal dos tempos. Fálase moito de agricultura ecolóxica, de economía sostible e respectuosa co medio ambiente, co entorno, coa casa común que nos acolle. Ben está que se fale e mellor aínda que se actúe en consecuencia, que se predique co exemplo. As vendas pasaron de 30 a 60 millóns de euros en tres anos.

Aludimos ao sector primario, ese ao que inevitablemente recorremos, do que necesariamente dependemos. Por fortuna, ten aínda moito que dicir ese medio natural preterido e maltratado, a terra e a auga, das que todo procede e a onde todo retorna. Tratábase de coñecer e contar o estado de cousas

da agricultura ecolóxica en Galicia e de albiscar algo da súa evolución a medio prazo. Sen botar man dos foguetes, podemos concluir que progresamos adecuadamente e que a evolución continúa sendo positiva, mesmo antes da estrea do correspondente Plan Estratéxico. 

ECONOMÍA SOSTIBLE E RESPECTUOSA CO MEDIO AMBIENTE

Para relatar experiencias, expoñer criterios e apuntar camiños posibles, HGg&T convocou, como adoita nas súas mesas de redacción, a tres profesionais de contrastada e salientable traxectoria en todo o referido á realidade e aos retos da agricultura ecolóxica en Galicia. Compareceron, explicaron e contrastaron:

 Javier García Lozano Secretario do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

 Luis Míguez Castro Director Rexional de Galicia de LACTALISPULEVA. Centros operativos

en Vilalba e Nadela (Lugo). 

 Ernesto Sánchez Salgado. Responsable de Producións Ecolóxicas de Bio COREN, a gran cooperativa ourensana e galega.

Xosé María Palmeiro coordinou, preguntou e resumiu para elaborar esta reportaxe que poden ler íntegra na sección Mesa de Redacción  HGg&T 214