Steven Van Zandt, máis coñecido como Little Steven ou como o carismático guitarrista de Bruce Springsteen será o encargado de abrir esta noite o programa de festas de Vigo cos seus Disciples of Soul.
Será o primeiro dos 10 concertos que este ano poderán disfrutar vigueses e visitantes de forma gratuita dende o auditorio de Castrelos, polo que tamén pasarán clásicos como Joan Manuel Serrat (21 de Xullo) ou Raphael (2 de Agosto), grupos de éxito internacional como Maná (23 de xullo) ou Juanes (8 de agosto) e outros máis alternativos como Dorian (27 de xullo) ou os recén confirmados Lori Meyers (5 de agosto).
Paralelamente, no programa de festas presentado onte polo alcalde, Abel Caballero, haberá espazo para exaltacións gastronómicas como a da sardiña, actividades infantiles, unha festa da cultura e os clásicos fogos de artificio de Bouzas.