Buscar/Hemeroteca

jueves, 19 de julio de 2018

Descubrir as posibilidades de lecer dos ríos lugueses con actividades lúdico-deportivas

Entre os meses de xullo a setembro 8 Concellos da provincia, todos eles de menos de 5.000 habitantes.as actividades lúdicas, contarán con diversas actividades deportivas-fluviais, gratuítas, e abertas para todos os públicos. Son concretamente nos espazos naturais de Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ribas de Sil, Láncara, Trabada e A Pontenova.

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, explicou durante a presentación que “esta iniciativa contribúe a poñer en valor o nosos recursos naturais e paisaxísticos, xa que as actividades desenvólvense en enclaves únicos, como o Chao do Pousadoiro, a Praia Fluvial Pena do Inferno, a de San Clodio, a Pobra de Navia, a da Pobra de San Xiao, a Ria de Abres ou a Pozo da Ola”.

O Deputado sinalou ademais “que esta iniciativa converterse nunha alternativa ao turismo de praia, e tamén ofrece a todos os visitantes poder descubrir as posibilidades de lecer dos nosos ríos. E ao mesmo tempo impulsamos unha actividade deportiva para todas as idades, gratuíta, que contribúe a mellorar a nosa calidade de vida”.

As actividades inclúen atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs... animacións musicais e xogos populares.

Cada sesión, que terá unha duración de entre tres e catro horas, contará coa supervisión de, canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores, que se encargarán do coidado e atención dos participantes para garantir unha actividade divertida e segura. As persoas que non saiban nadar terán que ir acompañadas.

f_ Dog Vivant  f_ deputacionlugo.org

No hay comentarios: