Comezan o Atlantic Fest e o Vive Nigrán


Esta fin de semana os amantes da música en vivo non o teñen nada fácil, solápanse dúas citas de gran nivel. Hoxe mesmo da comezo na Illa de Arousa o Atlantic Fest e en Praia América o Vive Nigrán.

Dúas citas que destacan pola calidade das súas propostas musicais, pero tamén polo entorno no que se celebran. O Atlantic Fest aposta este ano por artistas de éxito internacional como Kaiser Chiefs, The Vaccines ou Rodrigo Amarante xunto a outros nomes nacionais de gran nivel como La Casa Azul e Iván Ferreiro.

Pero ademais presume da súa ubicación xunto a unha praia con bandeira azul para coller forzas entre concerto e concerto e do inigualable marco que lle otorga a Ría de Arousa para pasar unha fin de semana de ensoño entre hoxe e o domingo.

Pola súa banda o Vive Nigrán trae bandas nacionais consagradas como Sidonie ou Depedro, pero tamén aposta polas actividades diurnas e polo disfrute da praia, do mar e de toda a natureza que ofrece o emprazamento tanto hoxe venres como mañá sábado.

Son citas sen dúbida interesantes, que se unen ao Silfest Valdeorras que xa comezou onte xoves nas ribeiras do Sil ao seu paso por Valdeorras.