As Tardes do Atlántico de Martín Códax incorporan doces e `Sabores do Atlántico`

As tardes do Atlántico continúan na terraza de Martín Códax con novas propostas que casen cos seus albariños, sacando todo o potencial tanto ao viño como ao prato e no entorno atlántico da súa terraza aberta ao corazón do Val do Salnés e ao océano. 

A experiencia, que se prolongará ata finais de setembro, conta cun calendario variado no que ademais de conservar as maridaxes realizadas ata o de agora debido ao seu éxito e acollida, incorpora novas propostas para o mes de agosto. Aos dumplings con recheos atlántico, aos queixos con historia, o sushi japo-galego, as conservas con novas combinacións e ás empanadas, súmanse agora dúas novas experiencias. Una delas, denominada ‘Sabores do Atlántico’, será elaborada a cargo do restaurante Miga da Coruña, que presentará os tres pratos máis representativos da súa cociña, como son a “gilda” de bonito curado en auga de mar; volandeira, gazpachuelo de “junquillo” e mazá ácida; e cacheira, cremoso de cocido e verza rizada. 

E porque o viño non só marida con pratos salgados, os máis larpeiros tamén Terán a súa proposta en As tardes do Atlántico. A bodega incorpora ao seu calendario as sobremesas, que serán elaborados a cargo de Artesanos de Galicia. As propostas variarán segundo o día, pero entre elas os asistentes atoparán orellas, bica, empanada de mazá ou filloas. 

A experiencia enoturística As tardes do Atlántico, que se celebra as tardes de martes, mércores e venres, continuará ata o final do meses de setembro. Para asistir é preciso facer reserva previa no teléfono da bodega (986 52 60 40), ou no correo electrónico enoturismo@martincodax.com.