Apoio incondicional da Deputación da Coruña á Mostra da Olería de Buño

Cunha colaboración de 80.000 euros , a Deputación da Coruña amosou o seu apoio a XXXV Mostra da Olería de Buño e impulsa este evento, ademais de coma un recurso cultural e turístico, como unha actividade rendible de futuro que repercute favorablemente como medio de desenvolvemento económico, social e xerador de emprego e riqueza non só a nivel local, senón tamén na provincia.

Esta achega supón o 80% do orzamento total do evento, incluíndo os gastos en publicidade, material gráfico, alugueiro das carpas, dos espazos expositivos, e das actividades como eventos, animación ou actuacións, ademais dos gastos de persoal para a organización do encontro.

A Mostra da Olería de Buño, que cumpriu este domingo a súa trixésimo quinta edición, desenvolveu actividades coma roteiros turísticos, actuacións musicais, obradoiros e a mostra dos distintos tipos de artesanía tradicional da zona.