A Asociación de Balnearios de Galicia celebrou a Asemblea Xeral en Cuntis



A Asociación de Balnearios de Galicia celebrou a súa Aemblea Xeral no balneario Termas de Cuntis, coa presenza da súa presidenta, Marisol Espiño, directora do balneario. No transcurso da sesión aprobáronse as contas de 2017 e fíxose unha previsión do presuposto do presente exercicio. Ademais, analizáronse as iniciativas que a entidade porá en marcha nos vindeiros meses.