"Venres interpretados" para coñecer a zona antiga de Pazos de Arenteiro

Co gaio de descubrir o re-descubrir os lugares máis emblemáticas da zona antiga de Pazos de Arenteiro, como a igrexa, a casa reitoral, os pazos, e outros lugares destacados, o municipio de Boborás prepárase para acoller os "Venres interpretados".

Unha iniciativa que a través dun total de 11 visitas interpretadas. "pon en valor e da a coñecer o noso patrimonio, tanto aos turistas coma aos propios veciños, para que a través do teatro, poidan descubrir os lugares máis emblemáticos da zona antiga desta aldea", explicou  vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, durante a súa presentación

O lema desta edición é "Saca o artista que levas dentro" e as visitas comezarán o 29 de xuño, e repetiranse tódolos venres ata o día 7 de setembro, ás 22.00 horas, para aproveitar a escuridade para unha mellor ambientación da trama. Nas visitas, cunha duración aproximada dunha hora, participarán catro actores que irán saíndo ao encontro dos participantes, creando unha atmosfera de misterio na que, chegado o momento, o grupo terá que implicarse na procura de descifrar un feito esencial relacionado co evento.

Os interesados en participar nestas visitas, que son de balde e para tódolos públicos, deberán realizar a súa reserva a través dos números de teléfono: 645865080 ou 619442622. O aforo de cada visita está limitado a 30 participantes.