Promoción do cemiterio municipal de San Froilán

Para este martes, 5 de xuño, a Concellería de Concello e Cidadanía de Lugo, que dirixe Rosana Rielo, programou , unha actuación teatral, baixo o título Quen ocupa esa cadeira no cemiterio, a cargo da compañía luguesa Palimoco Teatro. A actuación terá lugar ás 21:00 horas e a asitencia é libre. 

Esta xornada de teatro enmárcase dentro da programación cultural diversa que organiza a entidade local ao longo do ano para promover o coñecemento e difusión do cemiterio de San Froilán.

 Coa representación teatral tamén se celebra a Semana para descubrir os cemiterios, que promove a Asociación Europea de Cemiterios Significativos (ASCE), da que forma parte o camposanto lucense, xunto con outros 178 cemiterios de 22 países, con motivo do Ano Europeo do Patrimonio Cultural. 

É pois unha cita orientada a achegar estes espazos á cidadanía e dar a coñecer o seu patrimonio cultural, artístico e histórico.