Primeira edición do "Xurés Walking Festival",

Do 18 ao 22 de xullo, na Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, o primeiro Festival de Sendeirismo do Xurés, o "Xurés Walking Festival", ofrecerá un completo programa de actividades que mestura sendeirismo, música e gastronomía. 

O Festival ofrece un total de 19 rutas de diferente duración (día completo ou medio día) e outras delas están dirixidas a familias e aos máis cativos adaptadas as súas idades e deseñadas para mesturar a formación medioambiental co goce da natureza. Así mesmo, tódolos días haberá un espazo infantil aberto para os máis cativos. 

Por último, as rutas complétanse coa celebración de veladas tódalas noites onde os participantes poderán degustar unha cea a base de produtos típicos da zona amenizada con música tradicional en concerto.

O vicepresidente da Deputación de Ourense explicou que este evento fusiona "natureza e historia para ofrecer unha gran alternativa de ocio: camiñar por vías romanas, visitar a Igrexa visigótica do s. VII, ou adentrarse na historia do megalitismo, dos castrexos ou das mouras da mitoloxía galega". 

Pola súa parte, Mª Carmen Yáñez destacou, en nome dos concellos colaboradores (Muíños, Lobeira, Lobios, Entrimo, Calvos de Randín e Bande), "o apoio a este tipo de iniciativas privadas que completan a oferta cultural e deportiva que estamos a levar a cabo entre todos nós, porque traballamos de maneira coordinada na dinamización da Baixa Limia e do Xurés". 

Os interesados en participar poderán inscribirse a través do correo electrónico ecoturismoxures@gmail.com, ou a través dos números de teléfono: 617.164.082 ou 696.760.910.