Presentación da 35º Edición da Carballeira de Zas

Presentouse oficialmente o cartel e as novidades da 35º Edición da Carballeira de Zas, cita obrigada para todos os amantes do folk celebrado na primeira fin de semana de agosto (venres 3 e sábado 4). A presentación fíxose da man da Vicepresidenta e Responsable da área de Cultura da Deputación de A Coruña, Goretti Sanmartín, o alcalde de Zas, Manuel Muíño, o Director do Festival, Fidel Otero e o responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia Víctor Mantiñán. Sanmartín resaltou "a importancia deste festival de referencia con gran presenza de música galega que se funde co entorno natural", así como "a superación e esforzo por ter un cartel mellor cada ano".

O director do festival, Fidel Otero, confirmou que este ano o festival volve máis folk que nunca, traendo artistas dende diferentes puntos de Galicia, España Europa e Asia, contando coa presenza do grupo xaponés Harmonica Creams, que actuará o sábado día 4 no escenario Estrella Galicia, despois da actuación do galego Xabier Díaz e as Adufeiras de salitre.

A continuación dos nipóns completarán o cartel do sábado os escoceses Mànran, (cabezas de cartel xunto con Xabier Díaz), e pecharán a noite os galegos Astarot. En canto o venres, abrirán a 35 edición, tamén no escenario Estrella Galicia, os galegos Pelepau, a continuación actuará a irlandesa Niamh Ní Charra, SES e o peche do primeiro día será a cargo de The Fatty Farmers.

As entradas para o festival poderanse mercar dende hoxe mesmo na páxina www.festadacarballeira.com e a través de Ticketea, tendo un prezo de saída de 10€, o bono para os dous días, tarifa que se manterá durante o mes de xuño. En xullo pasará a costar 12€. A venda en taquilla será de 15€, bono de dous días. Como en pasadas edicións os asistentes poderán contar con zona de acampada gratuíta (situada a poucos metros do recinto musical), baños y duchas.

Un ano mais, a tarde do sábado na Carballeira de Zas está pensada para o desfrute de maiores y pequenos, contando con unha zona de gastronomía, espazo lúdico infantil, feira de artesanía e diferentes actuacións a partir de las 14h.