Música nos Camiños Xacobeos de Ourense

Os Camiños Xacobeos de Ourense encheranse de música coa celebración de "Voces do Camiño 2018", o II Ciclo de Encontros de Agrupacións Vocais no Camiño de Santiago, que este ano ofrecerá un total de nove concertos, en diferentes puntos da xeografía ourensán, nos meses de xuño, agosto, outubro e decembro. 

A Deputación de Ourense colabora con esta proposta cultural que é unha oportunidade "para facer a Ourense e as súas xentes máis visibles, contribuíndo desde o ámbito da música ao coñecemento non só da nosa cultura musical, senón tamén da nosa gastronomía, paisaxes e monumentos", salientou o viceprendente provincial, Rosendo Fernández, quen explicou que "o Camiño de Santiago exerceu, desde a súa orixe, unha gran influencia nos distintos ámbitos de expresión da sociedade, e en particular nas manifestacións artísticas".

O programa de concertos dará comezo o día 22 na Igrexa de San Martiño de Loiro, e continuarán ao día seguinte na Catedral de Ourense, e o día 24 de xuño en Xunqueira de Ambía, sendo o último concerto do mes, o día 30 de xuño, no Camiño Real de Cudeiro. No mes de agosto haberá un único concerto que será o día 19, na Colegiada de Xunqueira de Ambía. No mes de outubro, o día 12 volverá a ser a Catedral de Ourense o escenario que acollerá os concertos, e ao día seguinte, o 13 de outubro, haberá concertos en Bande e en Celanova. Por último, o día 22 de decembro será o concerto final na Catedral de Ourense. Ademais de grupos ourensáns, tamén actuarán grupos procedentes de Burgos, Santander, Cádiz e Asturias.