Máis de 2.000 quilos de cereixas e 300 litros de aceite na XVI Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil

A XVI Festa da Cereixa e do Aceite de Ribas de Sil se celebrará os vindeiros 9 e 10 de xuño na Praia Fluvial de San Clodio, coa colaboración do Goberno Provincial, que colabora coa celebración desta cita gastronómica e turística cunha achega de 6.000 euros do Plan Único e, o Concello destina outros 2.000 euros. 

Ambas as dúas administracións promoven deste xeito a venda de máis de 2.000 quilos de cereixas e 300 litros de aceite, así como outros produtos autóctonos dun total de 20 profesionais da zona, que se darán cita neste evento.

A XVI edición da Festa da Cereixa e do Aceite contará con 20 stands de produtos autóctonos doutros tantos profesionais, todos eles do Concello de Ribas de Sil. Pois, xunto aos 6 expositores de cereixas e de aceites, estarán os de mel, viño, pan, noces, figos secos, produtos da horta, licores ou artesanía.

A cita comezará o sábado 9 de xuño coas degustacións de cereixas, exposicións de pintura, presentación do libro Loyda, o partido de fútbol e actuacións musicais. O domingo, terá lugar o pregón a cargo do xornalista e director de Radio Principal- Cadena Ser, Fidel Fernán Bello, demostración de talla de madeira e actividades para nenos. A xornada completarase con demostracións artesanais, pasarrúas, espectáculo de marionetas e música en directo.