A primeira industria láctea en volume de recollida en Galicia, Lactalis, prevé superar os 500 millóns de litros adquiridos en Galicia no 2018, o que representa arredor dun 20% das entregas totais de leite na comunidade.
O 90 por cento dos contratocs que a leiteira mantén con gandeiros galegos ten unha duración dun ano ao apostar a compañía por unha recollida estable, o que ll,e permitiu que desde o final das cotas lácteas o grupo atraese a 350 novos gandeiros proveedores na comunidade autónoma.

O grupo continúa na aposta polo leite ecolóxico. Na actualidade, recolle arredor de 15 millóns de litros na Cornisa Cantábrica, procedentes de 57 ganderías. Para o 2020, a perspectiva é que a recollida chegue a 20 millóns de litros, pois a empresa xa está traballando con gandeiros en reconversión para chegar a ese obxectivo.