Horarios de verán da Oficina Municipal de Turismo e da rede museística do Concello de Lugo

Os horarios de verán da Oficina Municipal de Turismo e da rede museística do Concello Lugo estarán vixentes ata o 12 de outubro. Como novidades no horario deste verán destaca a ampliación do horario de apertura de San Roque e Porta Miñá, pois tamén abren os mércores e os domingos pola tarde. En todos os centros da rede de museos municipiais a entrada é totalmente gratuíta.

Tal e como indicou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadreedil, o Centro da Interpretación da Muralla e Oficina Municipal de Turismo abrirá os luns, martes e mércores, de 11:00 a 13:30 horas, e de 17:00 a 19:30 horas. Os xoves, venres e sábado, o horario será ininterrompido de 11:00 a 19:30 horas e os domingos, de 11:00 a 18:00 horas.

Pola súa banda, a Casa dos Mosaicos abrirá de martes a sábado, en xornada de mañá de 11:00 a 13:30 horas, e de tarde, de 16:00 a 19:30 horas. Os domingos será de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.

No que se refire ao Centro Arqueolóxcio San Roque e á Sala de Exposicións de Porta Miñá, o horario é de mércores a sábado, de 11:30 a 13:30 horas, e de 17:00 a 19:00 horas; e os domingos, de 11:30 a 13:30 horas, e de 17:00 a 19:00 horas.

Para rematar, o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) permanecerá aberto no seguinte horario: de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas, e domingos só en xornada de tarde.