Gastrofestas na Ser, con Guillermo Campos (Directo R HGgT 214)

Advertían os vellos principios profesionais que o xornalista nunca debe ser noticia, e algún amigo ben intencionado tenme “acusado” de “sair en moitas fotos” nesta sección. Non lle falta razón… visual…, pero resulta, ben queridos, que a sección consiste, precisamente, nas experiencias persoais, os protagonismos compartidos; nutren estas páxinas con preferencia, aqueles feitos e fotos, nas que un comparte emocións e experiencias cos protagonistas dos que tamén un forma parte.

Un xeito de autobiografía en diferido, que diría a Cospedal. Mais vos direi, ben queridos amigos: nestes tempos de tanto corta e pega, de pega; de tanto relator de falsa experiencia, fantasmiñas de Internet e/outras nos triplicados á percura de onde comer quente alí onde se perda un canapé…, quero teimar en que dará confianza ao lector cando queda constancia da presenza persoal no lugar dos feitos, vamos, a certeza de que o relator estivo alí, conta o que percibeu, e non vai de 
recadeiro de Google…

É por tanto esta, unha sección moi persoal -como así se advirte sempre no sumario de cada edición- e neste tono de intercambio coloquial síntome na obriga de avisar, por se queren fuxir a tempo, que desde a emisora da SER en Pontevedra invitáronme a que neste mes de xullo, e tódolos venres vrancegos que quedan por diante, acuda a iso das 13,30 horas para falar de gastronomía e súas 
celebracións, con Justo Peón.

Para min, volver a estas antenas de Radio Pontevedra é coma unha volta polo túnel do tempo.., alá polos 70-80, en que cada día, no informativo do mediodía, facía o comentario político da xornada. Reencontro de amigos, pois.., vai ser esta festa dos venres vrancegos… A ver se tamén botamos agora con vós algunha parrafadiña polas ondas…