Buscar/Hemeroteca

lunes, 18 de junio de 2018

Comeza a Cata dos Viños de Galicia

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, inaugurou esta mañá a XXX edición da Cata dos Viños de Galicia, a XX Cata dos Augardentes e VII Cata dos Licores de herbas e licor café de Galicia. 

Alí insistiu en que nun mercado tan competitivo como o vitivinícola a única forma de diferenciarse é con calidade, por iso, sinalou a directora xeral, os eventos coma este son máis importantes ca nunca. 

Nesta edición participan 392 mostras, das cales 350 son de viños e 42 de augardentes e licores. O evento estase a desenvolver no Centro Integrado de Formación Profesional Lamas de Abade, en Santiago, e nel participan un total de 25 catadores expertos en análise sensorial.

No hay comentarios: