Clasclas, música clásica con Tee Travel na Ría de Arousa

Coñeces o Fetival  Clasclas na Ría de Arousa? A a axecia de viaxes Tee Travel propón un interesante programa que mistura música clásica e turismo. Escoita música clásica no marco das Rías Baixas e accede a selectas veladas musicais en soberbios pazos, igrexas conventuais e auditorios. 

O Festival Internacional de Música Clásica clasclas, nace no incomparable marco natural das Rías Baixas Galegas, organizado polo Concello de Vilagarcía de Arousa a través do Conservatorio Profesional de Música, en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Vilagarcía, o Festival contará coa dirección artística do violinista e director internacional Guy Braunstein, concertino da Orquestra Filarmónica de Berlín durante doce anos.

​Clasclas reúne un grupo de excelentes artistas internacionais que ofrecerán unha serie de concertos e exercerán de mentores de talentosos novos valores coidadosamente seleccionados nun proceso de audicións publicitado internacionalmente YAP -Young Artist Program-.
Iniciativa singular no noso país, o clasclas Festival ofrece unha interesantísima axenda de concertos de música de cámara, converténdose nun punto de encontro interxeracional entre músicos formados en moi diversas tradicións musicais.

Pódese elexir entre un programa de 6 ou 4 noites, información máis completa na web: www.tee-travel.com/es/festival-clasclas