Barro rinde culto ao viño esta fin de semana

Esta fin de semana celébrase a XXIX Festa do Viño de Barro e XIII Certame da Viños da D.O. Rías Baixas. Aída que as actividades xa comezan desde principio desta semana, os días fortes da exaltación enolóxica céntranse prácticamente no domingo día 17 pois nesa data, en xornada matinal, está programada a Cata dos Viños Rías Baixas e a Cata dos Viños de Colleiteiro para logo, a partires das 13, dar a coñecer os resultados do concurso, coincidindo en hora coa sardiñada gratuita, viño incluido, programada pola organización.
Acto de presentación do programa

Así que Barro está de festa. O venres, festivo local, ás 21 horas terá lugar a inauguración do certame, lectura do pregón, apertura do Túnel do Viño e cata popular, primeiras actividades dunha cita na que se renderá homenaxe ás tabernas tradicionais, establecementos que ata ben fai pouco tempo eran fundamentais na comercialización do viño.

Durante todo o fin de semana habrá actuacións musicais e verbenas pero cicais convén facer fincapé no concerto do domingo, 21:30, que porá o peche a esta edición da Festa do Viño. Trátase dun concerto homenaxe aos Tamara a cargo da Banda de Música Xuvenil de Barro, con Rosa Cedrón, Paco Lodeiro e Miguel Ladrón de Guevara.

E dende o martes pódese visitar na Casa do Concello a exposición "Con pan e viño ándase o camiño" que ven organizando por distintos municipios galegos e portugueses a Asociación de Amigos do Camiño Portugués.