As galeguesas chegan a Ourense


A marca “Galeguesa” acaba de abrir esta semana en Ourense o seu terceiro restaurante, que se suma ao que funciona en Vigo dende hai máis de tres anos e ao que abriron a finais de 2017 en Madrid.

Situado preto da praza do Ferro, presentan un novo concepto, buscando que se podan disfrutar as súas hamburguesas no propio restaurante ou tamén levalas para á rúa.

A apertura deste novo local entra dentro dos plans de expansión da marca, que tamén contempla aperturas en cidades como Pontevedra ou Santiago.

Daríase así continuidade a un proxecto que nace nas terras de Celanova, onde crían en liberdade vacas das razas Salers (orixinaria dos Alpes) e Cachena (autóctona), das que proceden as hamburguesas dos seus locales, que combinan con salsas de elaboración propia e queixos das DDOO galegas, entre outros ingredientes.