Adrián Domínguez,pregoeiro da XXVII edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea

Este domingo celébrase a XXVII edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea. O programa da festa, que xa ten desenvolvido ao longo desta semana diferentes actividades, comezará o domingo ás 10.00 horas.

O pregón correrá por conta do cociñeiro Adrián Díaz García, e posteriormente ofrecerase unha degustación de produtos galegos con distintivo de calidade, antes d0r o tradicional xantar, no que está prevista a participación dunhas 500 persoas. Este ano prevese a venda de ao redor de 3.500 pezas de pan, o vindeiro domingo, 1 de xullo, en Cea.

Previamente ao día grande da festa, o vindeiro sábado, 30 de xuño, terá lugar a V Ruta dos Fornos, que permite un percorrido gastronómico por diferentes fornos de Cea para degustar produtos típicos galegos. Este ano pódese adquirir polo prezo de 10 euros unha pulseira que permite visitar todos os fornos e gozar desta experiencia gastronómica, levando como recordo unha cunca. As pulseiras pódense adquirir na Casa do Concello e en determinados establecementos da vila. 

A Ruta dos Fornos desenvolverase polos fornos do Lodairo, da Parapeta, do Santo, do Abade e da Cebola, nos cales os visitantes poderán degustar embutidos tradicionais, queixo galego, viños, tortilla de pataca de Galicia e empanada de Pan de Cea.

A Deputación de Ourense colabora con este evento gastronómico, "no que destaca a singularidade deste produto, único pan con Indicación Xeográfica Protexida", afirmou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, Manuel Baltar no acto de presentación, remarcando que o goberno provincial "apoia e promove este alimento, un dos produtos estrela da nosa gastronomía, esencia do noso medio rural, que o vindeiro domingo celebra a súa festa anual".

Durante toda a xornada haberá actuacións musicais e un espazo expositivo no que unha vintena de empresas exhibirán os seus produtos, ademais de artesanía e de stands institucionais como o do Inorde e outros nos que se exporán produtos amparados por distintos consellos reguladores agroalimentarios galegos. Unha das novidades deste ano é a cesión duns cadros por parte do pintor local José González Freixedo, quen é autor do cartel deste edición.