A 7ª edición dos Premios D.O. Ribeiro xa ten finalistas

O martes 26 de xuño a Denominación de Orixe Ribeiro vivirá  a 7ª edición dos seus Premios D.O. Ribeiro, nos claustros do Mosteiro de San Clodio (Leiro-Ourense).

Neste evento anual recoñécese a profesionalidade nos establecementos galegos que axudan á difusión do mundo do viño, polo que se conceden galardóns en tres categorías específicas, outorgados polas adegas que pertencen á Denominación.

Na categoría de “Mellor tenda especializada - Viñoteca” son candidatos: Juncal Alimentación (Pontevedra), O Lagar (Burela) e La tienda de Lino (A Coruña).

Na categoría de “Mellor taberna – Bar de viños”, os aspirantes son: Artesana (Santiago), Baraciña (Vigo) e Tamarindo (Ourense).

Por último, na categoría de “Mellor servizo de viño en restaurante”, os finalistas son: La casa de las 5 puertas (Pontevedra), Paprica (Lugo) e Bacelo Taberna Vinaria (Ourense).

Ademais, un panel profesional de cata será o encargado de recoñecer aos mellores viños brancos, de adega e de colleiteiro, e tinto da Denominación de Orixe con máis historia de Galicia. Durante o evento tamén se entregarán os premios honoríficos que recoñecen a traxectoria de distintos profesionais, nesta edición a César Lumbreras, responsable de Agropopular na Cadena COPE, recollerá o premio “Persoeiro de Honra”; ó xornalista Víctor de la Serna recibirá o galardón que recoñece a “Mellor tarefa de comunicación”, e Sonia Prince de Galimberti será galardonada co premio “Muller e viño”.