Mesa de Redacción HGgT 213: A NÁUTICA RECREATIVA

O mar é fonte de prezados recursos, tamén turísticos, tamén en Galicia. Éo e deberá selo aínda máis se reparamos na vizosa realidade e no tirón das actividades náutico-recreativas, iniciadas con bo pé hai pouco máis de dúas décadas e con todas as condicións favorables para asumir novos desafíos e contribuir á sempre invocada e desexable desestacionalización. 

Así se subliñou na mesa de redacción convocada por HGg&T nun intento de considerar as realidades e as potencialidades deste subsector náutico que axiña contará co seu Clúster. Falaron os convocados da necesidade dun máis decidido protagonismo da iniciativa privada e unha maior e mellor coordinación por parte das administracións públicas. Case 1.500 quilómetros de costa e 129 portos ben o merecen. Hai produto, hai propostas e hai futuro, pero é imprescindible surfear ben. Xosé María Palmeiro coordinou, preguntou e anotou co mar amigo como horizonte e argumento.