No encontro, as responsables do CCRR trasladaron as súas necesidades e preocupacións das que a Consellería tomou nota para contribuír á boa evolución do sector. Así por exemplo, ambas partes coincidiron en destacar a importancia do etiquetado e controlar o seu cumprimento, especialmente en mercados e feiras locais.
Doutra banda, valorouse tamén a colaboración que ofrece a Consellería, que se encarga de levar a cabo as analíticas de control do mel e dos produtos apícolas no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia.
A IXP Mel de Galicia está integrada por 296 apicultores e 29 envasadores. No 2017 produciron máis de 300.000 quilos de mel cun valor económico estimado superior aos dous millóns de euros.