I Festa das Manciñas de Porco en Augasantas (Cerdedo-Cotobade)

Nace unha nova festa gastronómica, a das Manciñas de Porco en Augasantas, parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade, que deberíamos chamarlle "Uñas de poco", neste caso frescas. Asistimos a presentación da I edición desta exaltación gastronómica na citada parroquia, que se celebrará o día 30 de xuño, e que nas próximas quedará fixada no calendario para o segundo fin de semana de xullo. Esta primeira edición que terá como pregoiero a Guillermo Campos.

Está organizada pola Asociación de Veciños da citada parroquia contobandense, que preside Lino Morales, e as cociñeiras, veciñas da parroquia, foron as guisandeiras do xelatinoso manxar., e serán as que preparen unhas 250 racións para a data sinalada. Hoxe foi a proba do algodón, e pasáronna con éxito, diríamos que sobresaínte.

Na presentaión, degustación incluída, estivo o citado Lino Morales; o presidente da nova entidade municipal (Cerdedo-Cotobade), Jorge Cubela, que animou aos organizadores a perdurar na idea; o crítico gastronómico Guillermo Campos, nado no lugar da Xesteira, parroquia de Almofrei (Cotobade); o seu colega e compañeiro, Victoriano Castro, nado en Borela (tamén de Cotobade), e outros veciños de Augasantas.

Este prato, citado no libro El Practicón, do cociñeiro Ángel Muro, cicáis a biblia da cociña española, ten reminiscencias en centro e sudamérica, probablemente froito da emigración. Neste senso Guillermo Campos instou os organizadores a profundizar no irmandamento destas cociñas, tendo en conta que a inmigración das parroquias cotobadenses cara a terras latinoamericanas no pasado século.