Galicia mantén o segundo posto en número de bandeiras azuis en praias

Galicia será a segunda comunidade con máis bandeiras azuis nas súas praias este verán, 109, catro menos que o ano anterior. Tamén lucirán enseña 15 portos deportivos, o que converte a Galicia na cuarta comunidade en número de bandeiras azuis nestes recintos.

Por provincias, Pontevedra consegue 55 bandeiras en praias, dúas máis que en 2017; e Lugo 14, unha mais que o ano anterior; mentres A Coruña perde 7 e queda con 40 distintivos. Referente aos portos, 6 están na provincia de Pontevedra, 7 na Coruña e 2 en Lugo.

Os datos deunos a coñecer este martes en Madrid a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), sección española da Federación Europea de Educación Ambiental. 

España lucirá o próximo verán un total de 696 bandeiras azuis, 590 praias e 101 portos, mantendo o primeiro posto nesta clasificación mundial. Por comunidades autónomas, lidera o número de praias con bandeira Valencia, con 132 insignias, seguida de Galicia con 109 e Cataluña con 101, 6 máis que o pasado ano.

No que respecta a portos deportivos, lidera o ranking Cataluña (22 portos), seguida de Baleares (20), Andalucía (16), Galicia (15) e a Comunidade Valenciana (14).