Festa do Becerro Ecolóxico en Viascón

A sede de Turismo Rías Baixas acolleu esta mañá a presentación da V Festa do Becerro Ecolóxico ao Espeto, que se celebrará este domingo, 27 de maio, na parroquia de Viascón e que agarda reunir a 1.500 comensais, que gozarán dun completo menú a un prezo de 15 euros.


E á ocasión de desfrutar duns becerros das razas Frieiresa e Caldelá, procedentes da explotación de Roberto Louzán Alonso que é operador autorizado para o logotipo 100% raza autóctona Frieiresa e Caldelá, e que tamén traballan en ecolóxico.

Este certame gastronómico, cronoloxicamente o segundo dos oito que hai no concello, conta cunha importante colaboración do Concello de Cerdedo-Cotobade, que aporta unha subvención de 1.500 euros así como medios persoais, materiais e publicitarios.