A moeda oficial dos festexos do Arde Lvcvs MMXVIII que terán lugar do 15 ao 17 de xuño é un follis de bronce, do ano 320 D.C, acuñada na honra de Constantinvs Máximvs Avgvstv, catalogado como o primeiro Emperador Cristiano, que reunificou o imperio tras as loitas dos diferentes poderes, levando a súa capital a Constantinopla.
Este persoaxe foi o que entregou a Muralla de Lvcvs Avgvsti, no ano 310, e encargado de publicar un edicto no que non deben ser perseguidos os cristiáns. No anverso aparece este emperador, que mira á dereita, cunha diadema de rosetas, ataviado cun paludamento drapeado con coraza; e no reverso figura Gloria Exercitvs, dous soldados romanos sostendo lanzas e escudos.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e Miguel Alvelo, así como outros membros da directiva do colectivo de recreación hostórica, escoltados por dous soldados romanos, presentaron este luns, no patio do Vello Cárcere, a moeda oficial que esta asociación acuña, por noveno ano, para os festexos do Arde Lvcvs, que terán lugar do 15 ao 17 de xuño.
No acto de presentación, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre agradeceulle á Cohors III Lucensium, a continuidade desta idea orixinal, que este ano se dedicará a Constantino El Grande. Así mesmo enxalzou o traballo ano tras ano da asociación pola recreación histórica, que cada edición busca unha persoaxe significativa nova que acuñar do pasado e da historia de Lvcvs Avgvsti.
Pola súa banda, o presidente da asociación Cohors III Lucensium, agradeceu ao Concello, personificado en Carmen Basadre, o traballo por sacar adiante o Arde Lvcvs, agardando que as festas deste ano repitan o éxito das anteriores.
A Cohors III Lucensium repartirá entres unhas 4.000 e 5.000 moedas a partir desta mesma semana. Cada moeda ten un valor de 2 euros. As persoas interesadas en cambiar a súa moeda poden facelo en distintos establecementos do casco histórico. Así mesmo tamén se poderá adquirir no propio campamento desta asociación ao longo dos festexos.