Comeza o Arde Lúpulus con máis de 70 tipos de cervexas artesáns

A V edición da Feira da Cervexa Artesá de Lugo-Arde Lúpulus comeza hoxe e durará ata o domingo na Praza Horta do Seminario, en horario de 12:00 á 01:00 horas. Trátase dun evento de balde e organizado pola asociación a través do patrocinio da entidade local, co obxectivo de dar a coñecer este produto elaborado de xeito artesanal e profundizar na cultura que xira en torno a esta bebida.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto ao presidente da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns, Esteban Loureiro presentaron o evento xunto a outros artesáns. Basadre destacou que “ao longo destas xornadas poderanse degustar preto de 70 tipos de cervexas artesáns de produtores tanto galegos coma outros chegados de diferentes puntos da península”. 

A edil tamén sinalou a importancia de impulsar este tipo de iniciativas que apoian ao sector emprendedor e dinamizan a actividade da cidade, ofrecendo ademais postos de comida, concertos ou obradoiros para os máis cativos e cativas”.

Loureiro agradeceu o apoio do Concello que “cada ano fai posible a posta en marcha dunha nova edición do Arde Lúpulus, que nesta ocasión e como novidade inclúe un día máis de feira, ademais dunha zona de xogos e novas especialidades de cervexa”. Nesta liña, convidou a toda á cidadanía a achegarse á Praza Horta do Seminario a partir do 3 de maio.