Balance do Festival de Cans. ao que se achegaron 12.000 persoas

A décimo quinta edición do Festival de Cans congregou ao longo dos seus catro días de duración a unhas 12.000 persoas que esgotaron todas as sesións con entradas á venda, ben anticipadamente ou durante a celebración do evento. Sigue quedando patente deste xeito a existencia dun público fiel, tanto local como foráneo, moi diverso e interxeracional.

Malia o tempo inestable do xoves, as numerosas actividades programadas encheron a Praza do Concello do Porriño e o Círculo Recreativo e Cultural. A Noite Gía dos Videoclips erixiuse como unha das máis existosas e variadas na historia do Festival e, os cociñeiros Mahou Lucía Freitas e Beni Couso atraeron a público xa dende a metade da tarde ata a celebración do concerto de Esteban & Manuel, co que rematou a xornada.

A sección MiniCans e o Parque do río, o espazo pensado para os máis pequenos e pequenas, consolidouse como o gran punto de encontro para as familias dende primeira hora da mañá ata a posta do sol. Ademais, no noso Cans do Futuro e o Roteiro literario con Carlos Meixide pasaron preto de 1.200 escolares e estudantes de escolas e institutos. 

O Espazo Mahou na Leira de Alicia continúa sendo un dos maiores puntos de encontro do Festival, con xente de xeito estable dende primeira hora ata a noite. Cómpre destacar o grande éxito que acaou o concerto Mahou Cinco Estrellas de Depedro -que reuniu a 500 persoas- ou a proxección do documental que el mesmo protagonizaba: Casamance, la historia de un viaje, dirixido pola realizadora Paloma Zapata e que tamén esgotou todas as súas entradas semanas antes da proxección. 

No terceiro “Dálle caña!”, un coloquio cun formato informal, os curtametraxistas da sección oficial a concurso presentaron as súas producións ante o público e debateron sobre a aventura de iniciarse no audiovisual. Na Leira de Alicia-Espazo Mahou tamén se desenvolveron nesta ocasión dous dos nosos habituais Coloquios na Leira, protagonizados nesta ocasión polo cineasta Fernando Trueba e pola directora Gracia Querejeta, que completaron o aforo do espazo. 

Hai que sumarlles o II Encontro de realizadores e realizadoras de videoclips, o café con CREA -que contou coa presenza do director e guionista Borja Cobeaga– os coloquios con AISGE, que aos que asistiron Manuel Lourenzo, Pilar Pereira, Mariana Carballal, Berta Ojea, Nieves Rodríguez, Nieve de Medina e Tamara Canosa. Nesta edición, o festival quixo tamén incorporar unha masterclass á súa programación contando co experto da Universidade de Vigo Pablo Romero-Fresco e o cineasta galegos Alfonso Zarauza para abordar o papel do subtitulado como ferramenta para a diversidade cultural en relación ao audiovisual.