Asamblea anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas en Ribadavia

Ribadavia acolleu a Asamblea anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas (AEFRH), na que tiveron lugar distintas reunións propias da asamblea, onde, ademais dos temas ordinarios da xestión da asociación española, se formalizou a incorporación de novas festas, que pasarán a ser membros da AEFRH.

En torno a un centenar de persoas, pertencentes a 26 recreacións históricas que xa forman parte da AERFRH participaron neste encontro, que se completa cun programa paralelo de actividades para coñecer a localidade e o seus recursos turísticos. Ademais, programáronse outras actividades teatralizadas para difundir e promover a Festa da Istoria, que nesta edición cumpre os 30 anos, e acaba de elexir o cartaz diseñado por Laura Pastor Lorente, de Madrid, entre as 145 propostas presentadas a concurso.

Na actualidade a AEFRH está formada por: Arde Lucus de Lugo, Astures e Romanos de Astorga (León), Carthagineses e Romanos de Cartaxena (Rexión de Murcia), Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia (Ourense), Guerras Cántabras de Currais de Buelna (Cantabria), Mercaforum de Calahorra (A Rioxa), Vodas de Isabel de Segura de Teruel, Festa da Istoria de Ribadavia (Ourense), Xustas Medievais do Passo Honroso de Hospital de Órbigo (León), Exconxuraos de Llanera (Asturias), Semana Medieval de Estella (Navarra), Semana Renacentista de Medina del Campo (Valladolid), O Regreso do Comendador de Mas de las Matas (Teruel), O Cronicón de Oña (Burgos), O Sinodal de Aguilafuente (Segovia), Lakuerter Ibera de Andorra (Teruel), As Alfonsadas de Calatayud (Zaragoza), Feiras Íbero Romanas de Cástulo, de Linares (Xaén), Reino de Nájera, ( Nájera- A Rioxa), Homenaxe a Guillem de Mont- Rodón, (Monzón), Fin de Semana Cidiano, (Burgos). E hai que sumar novas incorporacións: Iberfesta Olocau, (Valencia), Festival Templario de Jerez de los Caballeros, (Badaxoz), Festival Medieval Vila de Alburquerque, (Badaxoz), Privilexio da Vara de Noja, (Cantabria) e Festival Ducal de Pastrana, (Guadalaxara).

No encontro trabllallouse sobre as actividades, publicacións, asistencias a eventos e novos obxectivos a curto prazo para este coletivo. Tamén se presentou o novo vídeo promocional elaborado con fragmentos de vídoes de todas as festas para a promoción en feiras e eventos turísticos, tanto en territorio nacional como europeo a través das actividades da Confederación Europea e Manifestacións Históricas, á que pertence a AEFRH, exercendo a presidencia por un período de tres anos.

Participou en Ribadavia a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua de Lugo, Carmen Basadre, xa que os festexos do Arde Lvcvs forman parte da AEFRH. De feito foi no ano 2016 a primeira cidade española que acolleu a asamblea da Confederación Europea.