900.000 euros para a limpeza das praias de 41 municipios costeiros coruñeses.

A Deputación da Coruña repartirá 900.000 euros entre 41 municipios costeiros coruñeses, según publica o Boletín Oficial da Provincia coa adxudicación provisional do programa de limpeza de praias 2018.

A finalidade do programa é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia, así como da adquisición do material necesario, coma o vestiario ou o combustible.

A campaña de limpeza de praias axudará, ademais de contribuír á mellora da imaxe das máis de 360 praias coruñesas de cara á tempada estival,  á creación de emprego durante os meses de verán, xa que a cargo deste programa e do de contratación de socorristas en piscinas municipais contratáronse o pasado ano preto de 300 persoas, unha cifra que espera que sexa similar este ano.

A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos na época estival.