Publicadas as bases do certame de ornamentación de locais de hostelería do Arde Lvcvs

Xa se poden consultar as bases que rexerán o concurso de decoración de escaparates de establecementos e o certame de ornamentación de locais de hostelería do Arde Lvcvs. Trátase de dúas iniciativas postas en marcha polo Concello en colaboración con ambos colectivos da cidade co obxecto de promover entre os locais e establecementos a decoración con matices romanos e castrexos, facéndoos máis atractivos, e ataviandóos de cara estes festexos, que terán lugar do 15 ao 17 de xuño.

Poderán participar todos os establecementos comerciais e locais de hostelería que se atopen no termo municipal de Lugo. As insrición, que son gratuítas, poderán facerse dende o 1 ao 20 de maio a través do teléfono 010.

Outorgaranse tres premios en cada certame, un primeiro de 1.000, un segundo de 500 e un terceiro de 300. Os escaparates terán que ser exhibidos, como mínimo, do 4 ao 17 de xuño, último día destes festexos de recreación histórica; ao igual que os locais de hosterían deberán estar decorados ao longo desas mesmas datas; e terán que acreditar a súa participación situando, nun lugar visible, o distintivo proporcionado polo Concello.

Un xurado profesional será o encargado de escoller os establecementos comerciais e locais gañadores. Valorarase, entre outros aspectos, os materiais empregados, a dificultade do proceso de elaboración, a orixinalidade ou a vistosidade.

Este ano o Arde Lvcvs, por primeira vez, contará cun menú oficial, que se ofrecerá nos distintos establecementos hosteleiros da cidade, cun prezo libre. Estará composto por produtos da provincia e galegos, entre eles merluza de Burela. Carmen Basadre e Cheché Real convidaron aos establecementos a sumarse a esta iniciativa, que ofertará un menú distinto ano a ano co obxecto de difundir os produtos autóctonos.

f_ lugo.gal