Promoción do Arde Lvcvs en Rumanía

A Cohors III Lucensium viaxa a Rumanía para publicitar o Arde Lvcvs. En total, son vinte os membros da Cohors os que se van a desprazar á cidade de Alba Iulia para participar no festival de recreación Roman Apulum, invitados pola organización deste evento. 

O festival celebrarase entre os días 27 de abril e 1 de maio, e nel intervirán numerosas asociacións tanto da propia cidade, como doutras de Rumanía; así como de varios países europeos, entre eles Italia, Alemaña, República Checa, Ucraína, Bulgaria e España, sendo a Cohors a primeira asociación española invitada ao evento.

Trátase, polo tando "dunha oportunidade maravillosa que a primeira das asociacións que se constituíu en Lugo ao abeiro do Arde Lvcvs, leve tanto a Lugo como ao Arde Lvcvs a Rumanía, para dar a coñecer a cidade a nosa festa, e traballar así no conseguimento de festa de interese turístico internacional", precisa a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre.

O Roman Apulum celebra a súa sexta edición e a pesar do seu corto percorrido estase a converter en referente de recreación no leste de Europa. No festival, a Cohors fará unha recreación de distintos movementos e formacións militares das lexións romanas tomando como base o adestramento militar das unidades máis pequenas (o contubernio), que xa puxeron en práctica no último Arde Lucus. Así mesmo estarán presentes nas batallas de romanos e dacios, nas que se xuntan máis de 300 recreacionistas.