III Desafío Vía Romana

O III Desafío “Vía Romana”, carreira vertical entre viñedos da Ribeira Sacra, terá lugar o domingo 28 de outubro. A adega Vía Romana modifica a data desta recoñecida proba, pioneira en Galicia, para incrementar a súa dificultade, tal e como se vén facendo dende a primeira edición. 

José Manuel Lage, presidente do Club Atletismo Chantadae un dos responsables técnicos da proba, sinala que “hai tres anos Juan Luis Méndez, xerente da adega Vía Romana, comentoume a posibilidadede facer unha carreira en vertical. Despois da resposta dos participantes, así como das súas suxestións, a terceira edición será máis longa e con máis dificultade”. 

A organización decidiu manter o Desafío Clásico con pendentes por riba do 70%, pero este ano aposta por unha nova modalidade, o Desafío Heroico, no que se amplía o percorrido, chegando a superar os 6 kilómetros de lonxitude, con algunha que outra «sorpresa» no transcurso dos mesmos, e finaliza co coñecido e pioneiro kilómetro vertical. Despois do éxito acadado nos anteriores anos, a adega e o Club Atletismo Chantada confían chegar ós 200 participantes. 

Pola súa parte, Juan Luis Méndez, xerente da adega, felicita e declara «Reitero o meu agradecemento ó Club Atletismo Chantada e á organización da carreira por colaborar connosco. Eventos desta índole supoñen achegar a Ribeira Sacra e o viño á cultura e ó deporte. Pola nosa parte estamos encantados, e seguiremos apostando ano tras ano por iniciativas deste tipo, que fan posible que se promocione e difunda o enoturismo da Ribeira Sacra, o Camiño de Inverno e, por suposto, a comarca de Chantada. Quixera lembrar que, durante toda esa xornada, a adega Vía Romana permanecerá aberta para recibir a todos aqueles que nos queiran visitar» 

No plano deportivo hai que lembrar que nalgúns tramos o desnivel acada o 90%. Na primeira edición citáronse en Vía Romana un total de 55 atletas, onde o campión de España, Pedro Nimo, se adxudicou a proba disputada entre viñedos, cun tempo de 06:21 minutos. 

Cabe salientar que, con só duas edicións celebradas, esta proba xa se calificou como de gran atractivo para os corredores en vertical, polas úa extrema dureza e a paisaxe poloa cald iscorre.