Concello participa na novena convocatoria de Greencities

Entre os días 25 e 26 de abril no Pazo de Feiras e Congresos de Málaga (Fycma), representantes de administracións públicas e institucións poderán entrar en contacto con profesionais vinculados ao desenvolvemento de smart cities e a sostibilidade urbana co obxecto de presentar e pór en común solucións e casos de éxito para satisfacer a demanda municipal e xerar oportunidades de negocio.

Trátase da novena edición do Greencities, Foro de Intelixencia e Sostibilidade Urbana, o principal encontro nacional sobre xestión urbana intelixente e sostible, no que Lugo estará presente no networking xunto a profesionais, empresas e representantes de administracións públicas e institucións vinculados á edificiación e rehabilitación sostible, a eficacia enerxética e o desenvolvemento de cidades intelixentes, a gobernanza, o medio ambiente, a mobilidade intelixente e as oportunidades de financiación. 

Concretamente, a Málaga desprazarase o Enxeñeiro Municipal, Miguel Ángel Negral, que achegará ao resto de participantes o Lugo Smart City, a iniciativa de 4,1 millóns de euros para converter a cidade luguesa en intelixente e sostible.

Para o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, estar presentes neste foro, que na pasada edición reuniu a 200 cidades e 38 países, con máis de 3.400 visitantes e 900 empresas e entidades presentes; supón unha oportunidade para completar a visión de smart, un concepto que entende que ten que ser global e transvesal a todas as áreas municipais, de aí xa que o proxecto se realizara dende distintas concellerías e diversas áreas.

Greencities 2018 desenvolverá unha oferta de contidos estruturada ao redor dos principais ámbitos de actuación que marcan a axenda actual das cidades intelixentes e o seu crecemento sustentable, caso de goberno e participación cidadá, mobilidade, medio ambiente, enerxía, edificación e economía. Desta forma, durante dous días, Greencities adiantará as principais tendencias e achegas ao modelo smart e sustentable desde estas esferas. Para iso o foro habilitará un amplo programa de presentacións, conferencias e mesas redondas, así como unha zona expositiva que cada ano incorpora o catálogo de solucións máis amplo e diverso para cubrir as necesidades específicas das cidades intelixentes, con gran protagonismo das tecnoloxías da información e a comunicación, e os procesos de transformación dixital. Igualmente, incluiranse espazos específicos para o networking e a xeración de oportunidades de negocio e colaboración.