A Festa da bola de liscos e das freces de Bretoña en vías de ser declarada de Interese Turística de Galicia

A X Edición da Festa de bola de liscos e das freces da Pastoriza, que se celebrará os días 21 e 22 de abril, conta coa colaboración do Goberno da Deputación cunha achega de 3.000 euros. Ademais nesta ocasión, tamén haberá unha exposición dun selecto grupo de materiais de artesanía como pezas de olería, traxes tradicionais e cestería.

A bola de liscos está feita sen moldes sobre verzas con liscos, touciño, chourizo, e será elaborada con produtos de porco celta; e a bola de freces pode considerarse un postre-comida, típico da zona da Pastoriza. Para a súa elaboración son necesarios manteiga, ovos, fariña, pan e leite. Os visitantes poderán desgustar estes exquisitos produtos tradicionais por un prezo de 2 euros cada ración.

Ademais, durante estas dúas xornadas haberá postos de artesanía, gastronomía, exposición de coches antigos e polbo polas rúas da vila. E como novidade, o CENTRAD da Deputación exhibirá un selecto grupo de materiais de artesanía como pezas de olería, traxes tradicionais e cestería.

A organización, con motivo do X aniversario da Festa ten previsto facer unha degustación gratuíta de mexilóns polos bares do Concello o sábado 21 de abril, e o domingo dia 22, haberá degustación na carpa da feira.

Según avanzou o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde “o Executivo Provincial é a unica administración, xunto co Concello, que promove económicamente este evento, no que colaboran diversas asociacións da vila. Esta pasada fin de semana vimos de apoiar a festa dos Ferreiros de Riotorto coa que tamén colaborou o Goberno da Deputación, a anterior semana estivemos en MOEXMU en Cospeito. E esta semana estaremos con vós en Bretoña, na Pastoriza”.

O Alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, agradeceu a colaboración da Deputación e convidou a todos os visitantes a achegarse á vila nestas datas. Ademais, avanzou que o Concello está traballando para declarar esta cita gastronómica Festa de Interese Turístico de Galicia.