
Na formación dos axudantes de cociña, que comezou o pasado día 2 de abril e está tendo lugar nos locais da Asociación en Lugo, participan un total de 20 alumnos, entre desempregados menores de 30 anos e persoas con diversidade funcional da cidade lucense. Contarán con 80 horas de formación teórico-práctica e con outras 80 de prácticas non remuneradas en empresas do sector e finalizarán o vindeiro 27 de abril.
Dentro deste mesmo programa de emprego, tamén se está levando a cabo na Aula CeMIT de Monforte de Lemos un curso de alfabetización informática. Os alumnos poderán aproveitar un total de 16 horas lectivas que rematarán xa este vindeiro venres.