Todos a queixar na 43ª edición da Festa do Queixo Arzúa !

A 43ª edición da Festa do Queixo Arzúa homenaxeará a Ana Kiro. O sábado 3 comenza a festa co pregón de Tonhito de Poi, que estará len liña á homenaxe  a Ana Kiro: a reproducción da súa sinatura no prato Sargadelos, e un busto en bronce realizado polo escultor Camilo Seira.

A inauguración oficial terá lugar por segundo ano no campo da feira, o sábado ás 12 h. baixo a carpa que acollerá tanto tamén os e a entreaga de premios dos concursos de carteis, tapas, a 3ª edición do Arzuán do ano”.

Entre as novidades da 43ª edición: as novas queixerías inscritas, cun total de 70 expositores, cheo total do recinto, esgotando un ano máis os postos disponibles. Varias queixerías novas de todas partes do Estado e varios premios World Cheese Awards, queixerías PLTs tradicionais todas co obrigatorio rexistro sanitario, e a variedade de locais de alimentación especializada, de Galicia e de fora, con doce de algas, crema de mirabeis, pimentón de la Vera ou moitos máis produtos gourmet. A presenza dos concellos veciños como Boimorto e Melide, este a través da asociación Melide Terra Doce.

A EFA Piñeiral de Arzúa celebrará nas súas instalacións e no stand no recinto feiral durante a Festa obradoiros como “Un queixo que alimenta a túa saúde”, “Marketing e queixo, boas prácticas”, “fotoqueixo”, o 1º concurso “Pan&queixo” ou a “Masterclass Piñeiral de cociña creativa” que se impartirá no recinto feiral, os obradoiros de cociña creativa.

Ademáis, segunda edición do festival Pequequeixo para os máis cativos. Igualmente a participación dos voluntarios e grupos de música e locais, con pasacalles e a sesión Vermú a cargo da banda de música de Arzúa, con temas de Ana Kiro. Fotocol das vaquiñas para queixear, food trucks na zona do festival, Concurso de Petiscos e Tapas con 22 locais participantes, e NO CRAFTS, o grupo madrileño gañador do 10º aniversario concurso Queixo Maquetón,  dará o seu concerto para abrir o festival do queixo o sábado 3 de marzo ás 21.30 h.

Como ven din dende a organización: Todos a queixear !!