Promoción turística e deportiva da Deputación de Lugo

Novo investimento de 2,6 millóns de euros na mellora de estradas da provincia, e na promoción turística e deportiva lucense. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde,ven de avanzar que o Executivo Provincial aprobou este martes na sesión da extraordinaria da Xunta de Goberno. 

Son, por unha banda, 1,8 millóns de euros para mellorar 34 quilómetros de 16 estradas provinciais que discorren por Paradela, Ribas de Sil, Cospeito, Pol, O Corgo, Quiroga, Castro de Rei e Ribadeo; así como 740.000 euros na promoción do deporte, coa renovación dos contratos de patrocinio co CD Lugo e o CB Breogán, que posúen un marcado carácter social e turístico.

Son un total de 740.000 euros, 340.000 euros para cada entidade, que servirán para dinamizar socialmente a provincia, pois ambos clubs se comprometen a participar activamente en actuacións sociais como visitas a hospitais, campañas contra a violencia de xénero ou loita contra o cancro; así como a promoción de Lugo no seu conxunto ao longo do territorio nacional e daranse a coñecer os recursos turísticos, culturais, naturais, patrimoniais, e produtos autóctonos de todas as comarcas lucenses.