Buscar/Hemeroteca

viernes, 9 de marzo de 2018

Prazas esgotadas para a ruta Camelias e xardíns históricos

Este sábado 10 de marzo terán lugar as tres primeiras das cinco rutas "Camelias e xardíns históricos", organizadas pola Deputación de Pontevedra, que permitirán ás persoas visitantes gozar do patrimonio histórico e tamén do patrimonio natural da provincia de Pontevedra, representado polas camelias.

Os roteiros que se van a desenvolver son "Camelias con lenda", no Castelo de Soutomaior e o pazo de Lourizán; "Camelias e viñedos", polo Pazo Quinteiro da Cruz e o pazo de Rubiáns, e "Camelias e Paseos", que pasará por Caldas de Reis, Pontevedra e o pazo de Gandarón. As tres de este sábado e as dúas do día 17 esgotaron todas as prazas en menos de 24 horas.

O sábado 17 de marzo continuarán as rutas, coa cuarta, baixo o nome de "Camelias urbanas", que percorrerá o pazo Quiñones de León e o parque do Castro, e o último dos percorridos, denominado "Camelias románticas" que levará ás persoas participantes ata o pazo de Oca para contemplar os seus exemplares de camelias.

No hay comentarios: